O alcalde propón á Zona Franca que reserve prazas para residentes nos tres aparcamentos que ten no Casco Vello
<br /> Abel Caballero reiterou hoxe mércores a súa intención de propoñer á Zona Franca que reserve prazas para residentes nos tres aparcamentos que ten no Casco Vello. Deste xeito, puntualizou, entre as prazas do parking de Porta do Sol e as do Consorcio, "seguro que resolvemos o problema do aparcamento" da zona. <br />
A proposta que Abel Caballero someterá a votación no Pleno da Zona Franca incluirá a reserva de prazas para residentes nos tres aparcamentos que o Consorcio xestiona no Casco Vello: o robotizado de A Laxe, o do Centro Comercial A Laxe e o da Praza da Estrela. Trátase, dixo que que se establezan con prezos especiais e axeitados, segundo a proposta que o propio delegada da Xunta fixera para o parking municipal de Porta do Sol. Deste xeito, engadiu, entre as prazas das instalacións de Porta do Sol e as dos aparcamentos que xestiona o Consorcio, "seguro que resolvemos o problema do aparcamento" da zona.
Edificio Metalúrxica
Na mesma rolda de prensa, o rexedor urxiu ao Goberno Central en funcións a que arranque de xeito inmediato a obras no solar da Metalúrxica no que está previsto construír o novo edificio da Tesouraría da Seguridade Social. Lembrou que a os traballos xa foron adxudicados o pasado mes de novembro sen que se coñeza aínda a data de comezo.