Inspección técnica de edificacións (ite) requirimento de presentación de informes do ano 2015
Ponse en coñecemento dos PROPIETARIOS das EDIFICACIÓNS CONSTRUÍDAS NO ANO 1984 no termo municipal de Vigo que o 22 de xaneiro de 2016 se procedeu á publicación nos taboleiros de anuncios do Concello e da Xerencia Municipal de Urbanismo (Praza do Rei, s/n - Vigo), e na páxina web do Concello (www.vigo.org/ite), da listaxe das referencias catastrais correspondentes ás edificacións das que non consta a presentación do informe de ITE durante o ANO 2015.
De conformidade co disposto no artigo 8.1 da Ordenanza municipal reguladora da ITE, toda vez que pola Xerencia Municipal de Urbanismo se comprobou a non presentación en prazo das inspeccións periódicas desas edificacións, ordénase aos interesados a súa realización, outorgando para o efecto un prazo de TRES MESES desde o recibo da oportuna comunicación ou da publicación deste anuncio.
Para tal fin, os propietarios ou comunidades de propietarios de cada inmoble deberán encargarlle a un/unha técnico/a competente a expedición do informe de inspección e facilitaranlle a visita de inspección a todas as dependencias da/s edificación/s existente/s na parcela. O/a técnico/a fará constar o resultado da inspección nun impreso normalizado que deberá presentarse no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo. O informe reflectirá o resultado da inspección desde a cimentación ata a cuberta de cada inmoble.
No caso de incumprir esa obriga incoaráselles o correspondente procedemento sancionador, que poderá concluír cunha multa de 300 a 6000 euros, sen prexuízo de que, ademais, poderase realizar subsidiariamente o informe da ITE, repercutíndoselle o seu custo.
Para calquera aclaración pode consultar a páxina web do Concello ou chamar ao teléfono de información de atención cidadá 986 810 349.