O alcalde urxe á Xunta as autorizacións para poder abrir as escolas infantís de Navia e Mestres Goldar<br />
Logo de que técnicos da Xunta verificaran onte que as escolas infantís de Mestres Goldar e Navia cumpren os requisitos para abrir as súas portas, Caballero urxiu á Xunta a enviar as correspondentes autorizacións. Tan pronto cheguen, avanzou, os centros comezarán a funcionar de xeito inmediato dado que xa están contratados os servizos de xestión precisos.
Abel Caballero confirmou hoxe martes que técnicos da Xunta inspeccionaron onte as escolas infantís de Mestres Goldar e Navia, requisito previo para outorgar as correspondentes autorizacións de apertura, logo de moitos meses de agarda. Tal e como explicou, as únicas observacións realizadas son a falta dalgúns rótulos polo que o rexedor confía en que as escolas se poidan abrir de xeito inmediato dado que o servizo de xestión xa está contratado, por un valor de 230.000 euros anuais para cada centro.
Antes de urxir á Xunta a emisión das autorizacións, Caballero lembro que o goberno local investiu na remodelación de Mestres Goldar preto de 500.000 euros e na de Navia, 700.000 euros.
Antes de urxir á Xunta a emisión das autorizacións, Caballero lembro que o goberno local investiu na remodelación de Mestres Goldar preto de 500.000 euros e na de Navia, 700.000 euros.