Caballero propón que o Comité de coordinación do transporte teña a mesma proporción que a Xunta de Goberno da área
O alcalde de Vigo proporá aos seus homólogos da área manter unha reunión o próximo xoves 11 para trasladarlles a súa proposta para incluír o transporte metropolitano dentro da reforma de Lei de área sobre a que se está a traballar. Confía en que os alcaldes acepten a redacción do artigo que, unha vez consensuado, será remitido á Xunta de Galicia para manter outro encontro
Coincidindo coa constitución da Mancomunidade, o rexedor de Vigo propón que os alcaldes se reúnan o xoves 11 de febreiro -antes dese encontro- nunha xuntanza "case definitiva" na que se vai abordar o transporte metropolitano, o último artigo pendente de pechar da proposta de modificación da Lei de Área Metropolitana.
Tal e como avanzou, proporá aos seus homólogos unha adición ao artigo 20.1.a que confía obteña o apoio dos rexedores e que consistirá en constituír un Comité de coordinación entre os servizos de transporte metropolitano de viaxeiros por estrada transferidos á Área Metropolitana e o transporte urbano da cidade de Vigo. A composición deste comité, dixo, definirase no Regulamento de funcionamento do ente supramunicipal, mantendo a proporcionalidade da Xunta de Goberno. O seu obxectivo será decidir sobre a coordinación das rutas, frecuencias, tempos e paradas entre os autobuses interurbanos e de transporte de ría e urbano, así como a súa interconexión con outros medios de transporte.