O alcalde asegura que o novo proxecto de área metropolitana está "maduro e listo"
Ao día seguinte da reunión entre alcaldes e representantes da Xunta, Caballero coida que o proxecto de lei de área metropolitana está "moi maduro e listo para a súa aprobación definitiva. A partir de ese momento, todos os rexedores da área falaremos do transporte metropolitano "no que Vigo entrará a fondo".
Abel Caballero asegura que a posta en marcha da área metropolitana é "absolutamente imparable", unha vez pactados os temas máis importantes como as competencias ou a gobernanza. Un día despois da reunión co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o resto dos alcaldes, o rexedor reiterou, tal e como dixera neste encontro- que "non ten sentido que o transporte urbano sexa transferido á area metropolitana", dado que "o 95% das viaxes co Vitrasa son de cidadáns de Vigo e dentro de Vigo". Na súa opinión, o importante é a coordinación, que todos os concellos saiban como van conectar os seus autobuses cos de Vigo, para o que se vai conformar unha comisión de coordinación. Tan pronto estea aprobada a modificación da lei de área metropolitana, dixo, falaremos todos os alcaldes sobre o transporte metropolitano, "como unha política concreta, e no que Vigo vai entrar a fondo", asegurou. Na súa intervención, avanzou que o Concello ten a súa proposta ultimada e que probablemente hoxe xoves será enviada á Xunta.