O Concello modifica o percorrido dos autobuses urbanos nocturnos para dar servizo a Coia e Navia<br />
O alcalde anunciou este mércores cambios nos traxectos das liñas N1 e N2 de VITRASA para "potenciar" a atención en Coia e Navia. Desde mañá, o N2 finalizará e comezará en Teixugueiras, para pasar logo por Limpiño, a VG-20 e entrar en Coia polas rúas Porriño, Baiona e Redondela, retomando despois o traxecto habitual ao centro desde a Avenida de Castelao. <br />
Abel Caballero informou este mércores que desde mañá xoves, 4 de febreiro, entrarán en vigor os novos percorridos das liñas nocturnas N1 e N2 de VITRASA, co obxectivo de mellorar a atención en Coia e en Navia. "Detectamos que unha parte moi importante da demanda está en Navia", asegurou o alcalde sobre este servizo.
A liña N1 experimentará un lixeiro cambio ao evitar chegar ata a zona deportiva de Samil e subir directamente pola Avenida de Europa desde a rotonda principal da praia viguesa. A N2, pola súa banda, pasará a tomar a VG-20 desde a Avenida de Europa para entrar en Navia por Limpiño, en lugar de continuar ata Samil, como facía ata o de agora. En dirección centro de Vigo, a segunda das liñas nocturnas partirá de Teixugueiras, continuará por Limpiño e a VG-20 para entrar logo en Coia, a través das rúas Porriño, Baiona e Redondela, onde sairá á Avenida Castelao e continuará pola ruta habitual.