O alcalde pon en valor as zonas húmidas de Vigo que "convertemos nunha referencia"
No Día Mundial das Zonas Húmidas, Abel Caballero visitou o da Bouza, un dos sete cos que conta a cidade, que estes días coñecen os escolares vigueses e salientou o traballo de recuperación destes espazos de gran valor ambiental por parte do seu goberno. <br />
Hoxe martes 2 de febreiro conmemórase o Día Mundial das Zonas Húmidas e, con este motivo, o rexedor vigués visitou o da Bouza, un dos sete que existen na cidade e que foron obxecto de traballos de restablecemento nos últimos anos por parte do Concello. No caso da Bouza, explicou que o "recuperamos cando chegamos ao goberno porque estaba totalmente abandonado e convertémolo nunha referencia".
Vigo conta nestes momentos con 7 zonas húmidas que para Abel Caballero son unha "mostra activa da recuperación dun fenómeno natural da maior importancia" e afirmou que, dende o goberno local, "queremos resaltar o seu valor medioambiental" porque aquí "o Día das Zonas Húmidas son os 365 días do ano, xa que os mantemos atendidos e coidados e buscamos a forma de preservar a súa flora e fauna".
Para celebrar esta data, un milleiro de escolares realizarán visitas guiadas ás zonas húmidas viguesas para coñecelas de primeira man nun labor de educación que promove o Concello co fin de "poñelas no ámbito da cultura e do imaxinario cidadá".
Descargar todas as imaxes