<br /> Os "Mestres da Arte Viguesa" enchen a Alcaldía polo oitavo aniversario do ciclo Mostrarte
Abel Caballero inaugurou este luns a exposición "Mestres da Arte Viguesa", unha nova edición da iniciativa cultural Mostrarte que celebra os seus oito anos cunha proposta pictórica singular, reunindo obras dos principais artistas vinculados con Vigo, os máis representantivos e influentes do último século, como son Laxeiro, Lodeiro, Quesada, Solveira e Pulido, entre outros. <br />
Neste 2016 cumpre oito anos de vida o ciclo Mostrarte, a iniciativa que leva a arte vinculada á cidade ás dependencias públicas da Alcaldía do Concello de Vigo, e para celebralo tense organizado e inaugurado este luns "Mestres da Arte Viguesa", unha mostra colectiva con obras de artistas como Laxeiro, Lodeiro, Abreu Bastos, Xabier Pousa, Antonio Quesada, Leopoldo Varela, Pedro Solveira, Santiago Motes, Antón Pulido, Barreiro, Antonio Abad e Mingos Teixeira.
A meirande parte destes creadores xa expuxeran o seu traballo en Mostrarte de forma individual, e polo oitavo aniversario da iniciativa procúrase recoñecer a labor dos artistas en activo e render unha homenaxe a aqueles que xa non se atopan entre nós.
Descargar todas as imaxes