O goberno de Vigo eleva este ano a 617 as axudas para estudar inglés no estranxeiro
Segundo explicou este xoves Abel Caballero, o Concello conta este 2016 con 617 prazas para estudos de idiomas no estranxeiro, 47 para alumnado da Escola de Idiomas de Vigo, 420 máis para nenos e nenas da ESO e outros 150 para estudantes de Bacharelato. O goberno local adica ao efecto case 1,4 millóns.
A Xunta de Goberno Local, informou hoxe o alcalde, validou a contratación, as bases e a convocatoria para o programa de bolsas de inglés para alumnado de ESO, Bacharelato e da Escola Oficial de Idimoas de Vigo.
O alcalde de Vigo indicou que o Concello que preside inviste este ano case 1,4 millóns de euros nun programa que levará a 617 alumnos e alumnas da cidade a estudar idiomas -fundamentalmente inglés- ao estranxeiro. Así, no 2016 serán 47 bolsas para alumnos/as da Escola Oficial de Idimoas de Vigo, 420 prazas para o alumnado da ESO e outras 150 vacantes para estudantes de Bacharelato, "aquela xeración perdida que nos quedou no ano 2013" por falta de partida orzamentaria, afirmou Caballero.
"Queremos seguir así, queremos ter xeracións enteiras de mozos e mozas que falen inglés", valorou o rexedor vigués, quen asegurou que "nos enche de entusiasmo" a evolución e o resultado do programa.