mércores, 27 xaneiro 2016

O alcalde ofrece apoio na promoción do voo Vigo-Lisboa

Abel Caballero amosou este mércores a súa "satisfacción" pola decisión da TAP de conectar Vigo con Lisboa desde o 1 de xullo e anunciou unha reunión o 16 de febreiro co director xeral para España da aeroliña, na que ofrecerá a colaboración do Concello para promocionar a ruta. O rexedor valora as "conexións transoceánicas" que ofrece a capital lusa.

O Boletín Oficial de Pontevedra informa da exposición pública do expediente de cesión dos terreos para a Cidade da Xustiza

mércores, 27 xan 2016

Abel Caballero anunciou este mércores o comezo do prazo de exposición pública do expediente de transferencia dos terreos á Xunta de Galicia para a construción da cidade xudicial, de maneira que o solo queda dispoñible para ser utilizado aínda que criticou que o goberno autonómico "nin sequera ten o proxecto construtivo" mentres o Concello xa aboou 2.600.000 euros en expropiacións.

Vigozoo abre o praza para as actividades do ENTROIDO

mércores, 27 xan 2016

Vigozoo organiza actividades lúdicas en torno o Entroido os días 8, 9 e 10 de febreiro, en horario de 10 a 14 horas e con un prezo de 15 euros os tres días. As actividades están destinadas para idades de 6 a 12 anos.

A Fundación "la Caixa" e o Concello de Vigo organizan o concerto didáctico "Los Moussakis. Música de los Balcanes dentro de una maleta" para os centros escolares

mércores, 27 xan 2016

En colaboración co Concello de Vigo, a Fundación Bancaria "la Caixa" oferta aos centros educativos da cidade catro sesións do concerto didáctico "Los Moussakis. Música de los Balcanes dentro de una maleta", dirixido a escolares de entre os 8 e os 16 anos. Os concertos celebraranse no Auditorio municipal os días 17 e 18 de febreiro, en dúas sesións diarias, ás 10,00h e ás 12,00h. O programa complétase cunha xornada de formación para os profesores de música dos colexios participantes, a cargo dun pedagogo musical.