Escoitar

Calendario do contribuínte para o ano 2016

venres, 29 xan 2016
De conformidade co disposto no apartado 3º do artigo 62 da Lei Xeral Tributaria e 36 da Ordenanza fiscal xeral do Concello de Vigo, o concelleiro delegado de orzamentos e facenda do Concello de Vigo, por resolución de data 21 de xaneiro de 2016, a proposta da tesourería municipal, RESOLVEU:

Fixar como datas de comenzo e final de cobranza, en período voluntario, dos padróns de tributos de cobro periódico e notificación colectiva correspondentes ó exercicio 2016 (calendario do contribuínte para o ano 2016), así como as datas para o cargo en conta dos recibos domiciliados nas entidades financeiras, as seguintes:

PRIMEIRO TRIMESTRE:

- Imposto vehículos de tracción mecánica (IVTM).

Data de comenzo do período voluntario: 1 de abril de 2016.
Data de finalización do período voluntario: 6 de xuño de 2016.
Data de cargo en conta dos recibos domiciliados: 6 de xuño de 2016.

SEGUNDO TRIMESTRE:

- Taxa pola recollida do lixo nas vivendas.

Data de comenzo do período voluntario: 1 de xuño de 2016.
Data de finalización do período voluntario: 5 de agosto de 2016.
Data de cargo en conta dos recibos domiciliados: 5 de agosto de 2016.

- Exaccións unificadas industriais (Lixo industrial).

Data de comenzo do período voluntario: 1 de xuño de 2016.
Data de finalización do período voluntario: 5 de agosto de 2016.
Data de cargo en conta dos recibos domiciliados: 5 de agosto de 2016.

TERCEIRO TRIMESTRE:

Imposto sobre bens inmobles (IBI).

Data de comenzo do período voluntario: 1 de setembro de 2016.
Data de finalización do período voluntario: 4 de novembro de 2016.
Data de cargo en conta dos recibos domiciliados: 4 de novembro de 2016.





Imposto sobre actividades económicas (IAE).

Data de comenzo do período voluntario: 1 de setembro de 2016.
Data de finalización do período voluntario: 4 de novembro de 2016.
Data de cargo en conta dos recibos domiciliados: 4 de novembro de 2016.