Abel Caballero esíxelle ao alcalde de Oporto que respecte a Vigo
O rexedor criticou este martes as declaracións realizadas polo seu homólogo de Oporto, contrario á próxima implantación da ruta aérea entre Vigo e Lisboa, porque "van contra o libre mercado e ameazan seriamente a unha empresa" e pídelle á ministra Ana Pastor que actúe ante a Unión Europea contra esta agresión á cidade.
Abel Caballero rexeitou este martes as declaracións realizadas polo alcalde de Oporto nas que amosa o seu descontento pola próxima implantación da ruta entre Vigo e Lisboa, que operará a compañía portuguesa TAP a partir do 1 de xullo. O rexedor vigués esíxelle ao seu homólogo de Oporto que "respecte a Vigo", sinalando que "non pode "impoñer o seu criterio monopolista a unha decisión libre dunha compañía" e entende que as súas opinións van "contra o libre mercado e ameazan seriamente a unha empresa que decidiu voar a Vigo".
O primeiro edil vigués define como "insulto e declaracións intolerables" o feito de que o alcalde de Oporto "trate de coaccionar á TAP pola decisión de establecer unha ruta entre Vigo e Lisboa", algo que considera "gravísimo". Por iso, Caballero insta á ministra Ana Pastor a que actúe "inmediatamente contra unha agresión que vulnera a libre competencia da Unión Europea" poñéndose en contacto coa Comisaría de Competencia de Europa para que analicen estas declaracións e "intento de coacción a unha aeroliña que, por libre mercado e sen ningún apoio, decidiu voar a Vigo".