Escoitar

O Concello súmase á celebración do primeiro século de historia do Centro Oceanográfico de Vigo

O alcalde reuniuse este mércores pola mañá coa directora do Centro, Victoria Besada, a quen lle ofreceu a cooperación do goberno local no seu labor de investigación mariña e de servizo ao sector pesqueiro e marítimo.

mércores, 10 feb 2016
1455109815Oceanografico.jpg
Abel Caballero mantivo un encontro hoxe mércores coa directora do Centro Oceanográfico de Vigo, Victoria Besada, e co seu equipo para abordar a colaboración municipal no labor que desenvolve dende que se estableceu na cidade no ano 1917, durante a Primeira Guerra Mundial. O alcalde salientou este feito, ao apuntar que o vindeiro ano o Centro celebra "un século de historia en Vigo, o que indica a precocidade no ámbito da investigación mariña da cidade".

Segundo anunciou o rexedor, o Concello celebrará o aniversario xunto ao Centro Oceanográfico para "trasladarlle á cidade o significado dos 100 anos de investigación realizada, poñendo de relevo a súa capacidade investigadora" e o feito de que os resultados do seu traballo teñan "unha función práctica moi importante, xa que os seus estudos de asesoramento empréganse para as negociacións que se manteñen en institucións pesqueiras de Europa e do mundo".

Descargar todas as imaxes