venres, 19 feb 2016
O Consello da Xerencia de Urbanismo informou na sesión deste venres da constitución da Comisión Técnica conformada por representantes do Concello e da da Xunta e que se encargará da tramitación conxunta do novo PXOM, que será "o mesmo que o do ano 2008". Ademais, o goberno municipal elabora unha ordenanza para regular as axudas para acometer obras de mellora da accesibilidade nos edificios de máis de vinte anos.
venres, 19 feb 2016
O goberno de Vigo aprobou este venres as bases e a convocatoria, que conta cun orzamento de 550.000 euros, polos 430.000 euros do 2015, cando resultaron beneficiarias 163 entidades. Tamén no eido deportivo, o Concello deu luz verde a un apoio de 23.000 euros ao club El Olivo e outros 47.000 euros ao Club Vigo Voleibol.
venres, 19 feb 2016
O alcalde informou este venres da aprobación dos últimos trámites administrativos previos ao inicio, en aproximadamente dúas semanas, dos traballos de reparación do muro na traza do Canal de Eiras, do ancheamento do estreito da Pidival, na Avenida Santa Mariña e a humanización de Marqués de Valterra.
venres, 19 feb 2016
O alcalde recibiu este venres ao vicepresidente da Deputación de Xaén, Manuel Fernández Palomino, quen trasladou a Caballero a elección de Vigo como sede onde presentar os mellores aceites da provincia andaluza. Abel Caballero amousou a súa satisfacción pola decisión.
venres, 19 feb 2016
A ORQUESTRA XOVE VIGO 430 ofrecerá un concerto este domingo 21 de febreiro, ás 12:00 h, no vestíbulo do Auditorio "Mar de Vigo". O concerto, dirixido por Irene Calado e Julio Domínguez, contará co coro participativo de Capela Madrigalista, Coro do IES Val do Tea, Miñoca ma non toppo, Mistura Vocal e cantores convidados. O repertorio consistirá en obras de Bedrich Smetana, Julio Domínguez, Eric Whitacre e Javier Busto.A venda de localidades e abonos realizarase a través de ticketea (www.ticketea.com) e na Central de Espectáculos (r/ Velázquez Moreno, 26).
venres, 19 feb 2016
Con motivo do traslado ao día 20 de febreiro do "Concurso de comparsas e carrozas do Entroido 2016", que afectarán principalmente ás rúas García Barbón, Policarpo Sánz, Porta do Sol, Elduayen e Paseo de Alfonso XII, levarase a cabo o seguinte dispositivo de regulación e corte de tráfico:<br />
DESFILE DE COMPARSAS E CARROZAS.- A saída da comitiva está prevista para as 18,00 horas que percorrerá as rúas García Barbón (dende o nó de Isaac Peral, Policarpo Sanz e Porta do Sol, onde rematarán.
venres, 19 feb 2016
En relación ó establecido na Convocatoria do exame para a obtención do permiso municipal de condutor de taxi, publicado na data 12 de febreiro de 2016.