O alcalde confía en que a tramitación do PXOM se faga "no mínimo tempo posible"
O Consello da Xerencia de Urbanismo informou na sesión deste venres da constitución da Comisión Técnica conformada por representantes do Concello e da da Xunta e que se encargará da tramitación conxunta do novo PXOM, que será "o mesmo que o do ano 2008". Ademais, o goberno municipal elabora unha ordenanza para regular as axudas para acometer obras de mellora da accesibilidade nos edificios de máis de vinte anos.
Abel Caballero informou da constitución da Comisión Técnica de redacción do PXOM da que deu conta o Consello da Xerencia de Urbanismo na sesión deste venres. A Comisión está conformada por oito persoas e está presidida pola concelleira de Urbanismo, María José Caride, en representación do Concello de Vigo, e por Encarnación Rivas, secretaria xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, por parte do goberno autonómico.
En palabras do rexedor, a Comisión será a encargada da tramitación conxunta de todos os aspectos do PXOM de Vigo que requiran informes da Xunta de Galicia, co obxectivo de "ir xuntos na tramitación do novo plan e facer que esta poida ser reducida ao mínimo tempo posible". Sinalou ademais que o goberno local presentará "o mesmo plan de urbanismo" do ano 2008, polo que a tramitación e os informes que se precisaron no anterior procedemento están avanzados ao térense dado xa os pasos e realizados os trámites a excepción "da tramitación medioambiental estratéxica que o Tribunal Supremo considerou inxustificado na inviabilidade" e do que o Concello estudará a forma de facelo. Para Abel Caballero, esta coordinación entre Xunta e Concello nesta Comisión Técnica é "unha boa cuestión" para aprobar o PXOM, polo que confío en que a tramitación sexa o antes posible e imos facela a velocidade de cruceiro, no mínimo tempo posible".
Axudas para a accesibilidade dos edificios
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou tamén, na sesión deste venres, o inicio do procedemento para tramitar e aprobar a ordenanza municipal reguladora das axudas para realizar obras de accesibilidade e primeira instalación de ascensores en edificios residenciais preexistentes.
As subvencións están destinadas a inmobles con máis de 20 anos de antigüidade que non contan, por exemplo, con ascensores, algo que segundo o rexedor, "hai que tomar en serio porque a poboación avellentou e debemos entender a accesibilidade dunha forma distinta". Así, o Concello elaborará a ordenanza destas axudas "significativas" que financiarán o 15% do custo da obras co IVE incluído e unha contía" que poderán recibir os inmobles que o soliciten.