Vigo acollerá o próximo ano o acto de presentación dos mellores aceites de Xaén
O alcalde recibiu este venres ao vicepresidente da Deputación de Xaén, Manuel Fernández Palomino, quen trasladou a Caballero a elección de Vigo como sede onde presentar os mellores aceites da provincia andaluza. Abel Caballero amousou a súa satisfacción pola decisión.

Segundo explicou aos medios Abel Caballero, a Deputación de Xaén fai todos os anos unha presentación dos mellores aceites da provincial, "que é algo así como dicir os mellores aceites do mundo", e teñen elixido Vigo como sede para a próxima edición. Os responsables provinciais están en Vigo para buscar emprazamentos onde realizar un evento "tan importante para a economía" do sector. O alcalde manifestou estar "contento" de que elixiran Vigo como escenario desta presentación.
Descargar todas as imaxes