xoves, 25 feb 2016
O período de pago a provedores do Concello de Vigo no mes de decembro baixou a nove días, o que supón en verbas do rexedor, unha cifra marca histórica en calquera institución. En rolda de prensa, Caballero puxo en valor a boa situación financeira do Concello, coa menor débeda de toda España.
xoves, 25 feb 2016
O alcalde felicitou á organización pola consolidación desta iniciativa, presentada este xoves na súa terceira edición. O concurso literario ten tema e estilo libres máis a acción debe transcorrer na cidade de Vigo. O prazo de presentación dos textos arranca mañá venres e finaliza o 30 de xuño.<br />
xoves, 25 feb 2016
O alcalde de Vigo avanzou hoxe xoves que o Museo Quiñones de León exhibirá as once obras de arte e obxectos históricos cedidos en depósito polo Círculo Mercantil de Vigo. A continuación esas pezas formarán parte da exposición permanente, en bloques de dous.
xoves, 25 feb 2016
Arredor de 50 nenos e nenas de quinto e sexto curso de Educación Primaria do CEIP A Paz visitaron este xoves as dependencias municipais da Praza do Rei, nun percorrido no que lles chamou especialmente a atención a sala de pantallas de tráfico. Alí, o alcalde explicoulles o funcionamento e utilidade desta tecnoloxía que permite controlar a circulación e mellorar a mobilidade nas rúas viguesas.
xoves, 25 feb 2016
O venres as 21 horas "A Louca Historia de Galicia" da compañía viguesa Fulano, Mengano e Citano. E o domingo as 18 horas a estrea mundial de "Os reloxos preguiceiros de néboa" de Aporía Escénica, para público familiar.<br />
xoves, 25 feb 2016
Normalizacion Lingüística programa o 26 de febreiro no café De Catro a Catro, a partir das 20.00 h, unha cita con María Lado e Lucía Aldao. Presentarannos "Pendanca e oso". Un espectáculo sobre o amor dende o punto de vista da experiencia poética.