O alcalde propón a sinatura dun convenio entre as partes para a Cidade da Xustiza
Na rolda de contactos que mantén con diferentes entidades para abordar a instalación da Cidade da Xustiza no antigo Hospital Xeral, Abel Caballero recibiu hoxe ao xuíz decano de Vigo, Germán Serrano, e á Asociación de Comerciantes das Travesas, a quen lles transmitiu que solicitará a ampliación do uso de biblioteca do solo no que estaba prevista inicialmente a construción, así como a petición á Xunta da cesión dos edificios actuais para fins socio-culturais.
Abel Caballero prosegue a súa rolda de contactos con diferentes entidades viguesas para tratar o traslado da Cidade da Xustiza ao antigo Hospital Xeral. Este xoves recibiu a Germán Serrano, xuíz decano de Vigo, con quen atopou "unha coincidencia e harmonización total" ao compartiren "a visión da importancia e conveniencia da instalación tanto na torre como na parte anexa do edifico central", aínda que queda pendente analizar que ocorrerá co Anexo 1 que, en principio, tamén formará parte da nova Cidade da Xustiza de Vigo, segundo sinalou Caballero.
O rexedor vigués deu a coñecer que lle transmitiulle ao xuíz decano a súa pretensión de "asinar un convenio no que todas as partes interesadas asuman a súa responsabilidade e non ter que depender de avatares políticos".
O encontro con Germán Serrano serviu tamén para abordar as posibilidades construtivas da Cidade da Xustiza que, para o alcalde, será "certamente excepcional; de rango europeo" e seguindo a forma de funcionamento e de distribución técnica doutras que son modélicas en España. Ámbolos dous concordan na necesidade de reducir o tempo de preparación do proxecto o máximo posible.
Encontro con AETRAVI
Abel Caballero mantivo tamén un encontro esta mañá con membros da Asociación de Comerciantes das Travesas, AETRAVI, preocupados polo futuro do comercio no barrio, a quen lles manifestou que ten "toda a atención posta na zona de maneira que non só non vai empeorar senón que temos que tratar de que mellore e aproveitar isto como un grande reto e unha grande oportunidade", referíndose ao dobre obxectivo de mellorar a Cidade da Xustiza e o ámbito das Travesas e de Coia.
O alcalde informounos de que, en canto estea asinado o convenio, solicitará a ampliación do uso de biblioteca para o solo no que estaba prevista inicialmente a construción das dependencias xudiciais viguesas, co fin de demandarlle ao Goberno central que constrúa neses terreos a biblioteca do Estado e, de xeito paralelo, solicitaralle á Xunta de Galicia a cesión dos dous edificios actuais para dedicalos ao ámbito socio-cultural. Segundo o rexedor, a zona reúne todas as características para ser un ámbito de referencia social, cultural e deportiva, unhas actividades que implican unha "importante mobilización cidadá". Neste sentido, entende que o traslado do proxecto ao Hospital Xeral é unha "ocasión importante para a cidade e temos que saber usala" polo que pide a cooperación dos comerciantes para facer este gran cambio entre todos, sinalando que "mentres eu sexa alcalde ningunha zona da cidade vai quedar abandonada e menos As Travesas" e engadiu que lle "agradecería á Xunta que tamén dea alternativas para a recuperación desa zona de forma paralela á construción da cidade da Xustiza".
A rolda de reunións continúa esta tarde co Colexio de Arquitectos, que considera como cooperadores "necesarios" no deseño da futura Cidade da Xustiza que debe ser "moderna, asequible e pensada nos cidadáns", que conte con bos accesos e posibilidades de aparcamento.