Escoitar

Caballero aboga por un "gran pacto cidadán" para trasladar a Cidade da Xustiza ao Xeral

O alcalde de Vigo defendeu a necesidade dun "gran pacto cidadán" para construir unha Cidade da Xustiza "grande, moderna e europea" no antiguo edificio do Hospital Xeral. Insistiu asimesmo, en que estes traballos de remodelación teñen que avanzar en paralelo á construción da Biblioteca do Estado nos terreos que o Concello ven de expropiar no Chouzo para construir a Cidade da Xustiza.

mércores, 24 feb 2016
1456321435abogados.JPG
Abel Caballero iniciou este mércores co Colexio de Avogados unha rolda de contactos con distintos colectivos da cidade para facer un interdambio de opinións sobre o proposta de trasladar a Cidade da Xustiza ao edificio do antiguo Hospital Xeral. Coincidiu coa presidenta do Colexio, Lourdes Carballo, na importancia de que os traballos estean rematados en 2018 ou nos primeiros meses de 2019. Tal e como trasladou aos medios, neste novo proxecto a Cidade da Xustiza contará con máis metros e polo tanto poderá incluir instalacións que antes se descartaban por falta de espazo.

Para construir esta Cidade da Xustiza "grande, moderna e europea" no ámbito do Xeral é preciso un "gran pacto cidadán" para o que sería moi "importante" asinar un convenio coa Xunta porque este proxecto xa é "indefectible". Neste punto, o rexedor anunciou que vai solicitar unha entrevista con responsables da Tesoureiría da Seguridade Social para trasladarlles o beneplácito do Concello e solicitar asimesmo que a cesión do edificio sexa o máis rápido posible posto que xa é unha decisión "irreversible".

Caballero tamén se referiu á necesidade de dotar de actividade dos espazos que ían destiñarse á Cidade da Xustiza no Chouzo. Reiterou a súa vontade de construir neles a Biblioteca do Estado, un proxecto no que habería que avanzar de xeito paralelo á remodelación do Xeral. Ao goberno central corresponderíalle a construción do edificio e a posterior explotación sería responsabilidade da Xunta.

Os encontros do rexedor para analizar este proxecto continuarán nas próximas semanas coa Asociación de Comerciantes Aetravi, o Colexio de Arquitectos, a Asociación de Comerciantes na Zona do Hospital Xeral, comité de traballadores do sector da Xustiza, procuradores, SOS Xustiza, Arquitectos Técnicos, Xuíz Decano, fiscais, Avogados Novos, SOS Sanidade Pública, Círculo de Empresarios de Galicia, sindicatos e Cámara de Comercio.
Descargar todas as imaxes