venres, 26 febreiro 2016

O goberno local adica case 1,4 millóns para financiar este ano 617 bolsas de idiomas

venres, 26 feb 2016

O Concello deu luz verde á prórroga dun contrato que permitirá que 300 estudantes de 3º da ESO gozen este ano dunha bolsa de inmersión lingüística. A esta cifra hai que engadir outras 120 que xa están en marcha tamén para o mesmo grupo de idade, e outros 150 para alumnos de bacherelato que non poideran viaxar no 2013. Os alumnos da Escola de Idiomas tamén poderán optar a outras 47 prazas.

Normalización lingüística

Por Vigo con Rosalía

venres, 26 feb 2016

O servizo de Normalización lingüística organiza o sábado 27, un percorrido polo Casco Vello vigués da man de Rosalía de Castro ás 11:00, no Paseo de Afonso XII, ao carón da oliveira (duración do percorrido 1 hora e media).<br />

Normalización lingüística

Obradoiro de improvisación teatral

venres, 26 feb 2016

O servizo de Normalización lingüística programa un obradoiro de improvisación teatral destinado a adolescentes ou persoas adultas non profesionais no eido das artes escénicas.