Escoitar

O alcalde constata a "cooperación absoluta" dos arquitectos coa Cidade da Xustiza

Abel Caballero pediu a colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no traslado da Cidade da Xustiza ao Hospital Xeral e tamén solicitou o seu apoio para o proxecto municipal de construír a biblioteca estatal nos terreos expropiados e dar un uso social e cultural aos actuais edificios xudiciais.

venres, 26 feb 2016
1456493667arquitectos.JPG
A xuntanza mantida entre o rexedor vigués e unha representación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para abordar a Cidade da Xustiza serviu para comprobar o "clima de cooperación absoluta" destes profesionais co proxecto do seu traslado ao antigo Hospital Xeral. O alcalde pediulles a súa colaboración xa que é "necesario que o desenvolvemento técnico e arquitectónico da Cidade da Xustiza sexa óptimo porque debe ser para os próximos 100 anos".

Abel Caballero tamén lles deu a coñecer a proposta municipal de solicitalle ao Goberno central a construción da biblioteca do Estado nos terreos expropiados e para poder desenvolver un proxecto social, cívico e cultural nos actuais edificios xudiciais; iniciativas para as que pediu á institución que "acheguen ideas", independentemente de que se convoque un concurso ao que poderán concorrer os profesionais do Colexio. Así, segundo o alcalde "os arquitectos "ven con bos ollos" esta iniciativa.

Ademais, o COAG solicitou a colaboración municipal para poder realizar unha exposición dos seus proxecto na rúa do Príncipe.
Descargar todas as imaxes