Por Vigo con Rosalía
O servizo de Normalización lingüística organiza o sábado 27, un percorrido polo Casco Vello vigués da man de Rosalía de Castro ás 11:00, no Paseo de Afonso XII, ao carón da oliveira (duración do percorrido 1 hora e media).<br />

Coñeceremos a cidade no século XIX, os cambios sociais e políticos producidos tras a Reconquista. Valoraremos o esforzo dunha elite intelectual viguesa que se ofreceu á cultura. Descubriremos os lugares concretos das persoas que tiveron relación directa coa publicación de "Cantares gallegos".
Saberemos que na rúa Real, Juan Compañel mantiña a imprenta do Rexurdimento...
Un achegamento, guiado por Xurxo Martínez, ao Vigo dos nosos devanceiros que nos axudará a completar o relato da cidade traballadora e industrial xa que Vigo foi e é cidade cultural.
As persoas interesadas deben estar na olivieira ás 11:00, non é necesaria ningunha inscrición.
Máis información no facebook: Vigo en galego
Descargar todas as imaxes