Escoitar

O Concello abre o 7 de marzo o prazo para optar ás 620 vacantes en escolas infantís municipais

Segundo informou Abel Caballero, o periodo de solicitude de praza para o curso 2016-2017 vai do 7 ao 31 de marzo e o Concello conxela novamente as tarifas para as oito escolas infantís municipais. O alcalde urxiu á Xunta de Galicia a que autorice a apertura das escolas de Navia e Mestres Goldar.

venres, 26 feb 2016
En rolda de prensa, o alcalde de Vigo informou da aprobación das normas de adxudicación de prazas e matrícula nas oito escolas infantís municipais para o vindeiro curso, abrindo un periodo de solicitude desde o 7 ao 31 de marzo.

O Concello oferta un total de 620 vacantes nos centros de Costeira-Saiáns, Bouzas-Casiano Martínez, Tomás Alonso, Santa Marta-Casco Vello, Atalaia-Teis, Santa Cristina-Lavadores, Mestres Goldar-Castrelos e Navia. No tocante a estes dous últimos, Abel Caballero urxiu á Xunta de Galicia a que autorice a apertura dos mesmos.

O alcalde de Vigo subliñou que as tarifas permanecen un ano máis conxeladas, cunha contía máxima de 124 euros e de balde para "un número singular de persoas", en función da renda. O goberno local, explicou, subvenciona como promedio o 78% do custo de cada praza, adicando este ano ao efecto máis de 1,7 millóns de euros, un 35% máis que no 2015.

Neira Vilas
O goberno local, na sesión desta mañá, tamén aprobou o convenio entre o Concello e a Diputación para instalar unha escola de "Balbino", personaxe de "Memorias dun Neno Labrego", no entorno da biblioteca municipal Xosé Neira Vilas, autor da obra.

Goberno local e provincial xa firmaran un protocolo de colaboración para a cesión desta escultura en granito, realizada pola Escola de Canteiros de Pontevedra e sobre a que o Concello asume o custo dos portes, instalación, mantemento e iluminación.

O alcalde vigués, que apuntou que ambas institucións buscarán unha data para a súa ubicación, enfatizou que esta escultura rende "unha homenaxe póstuma do Concello e da Deputación a Neira Vilas na súa propia biblioteca".

FEMP
O Concello de Vigo tamén acordou a súa adhesión á Central de Contratación da FEMP, que ten coma obxectivo contratar bens e servizos que poidan ser empregados polas entidades locais, quenes decidirán se optan ou non. Varios departamentos municipais, argumentou Caballero, amosaron o seu interese en sumarse á iniciativa da Federación.