Escoitar

O goberno local adica case 1,4 millóns para financiar este ano 617 bolsas de idiomas

O Concello deu luz verde á prórroga dun contrato que permitirá que 300 estudantes de 3º da ESO gozen este ano dunha bolsa de inmersión lingüística. A esta cifra hai que engadir outras 120 que xa están en marcha tamén para o mesmo grupo de idade, e outros 150 para alumnos de bacherelato que non poideran viaxar no 2013. Os alumnos da Escola de Idiomas tamén poderán optar a outras 47 prazas.

venres, 26 feb 2016
Segundo explicou este venres Abel Caballero, o Concello conta este 2016 con 617 prazas para estudos de idiomas no estranxeiro, das que unha parte será para alumnado da Escola de Idiomas de Vigo, o grupo máis numeroso para nenos e nenas da ESO e o resto para estudantes de Bacharelato. O alcalde de Vigo indicou que o Concello inviste este ano case 1,4 millóns de euros nun programa que levará a 617 alumnos e alumnas da cidade a estudar idiomas -fundamentalmente inglés- ao estranxeiro. Así, no 2016 serán 47 bolsas para alumnos/as da Escola Oficial de Idimoas de Vigo, 420 prazas para o alumnado da ESO e outras 150 vacantes para estudantes de Bacharelato, "aquela xeración perdida que nos quedou no ano 2013" por falta de partida orzamentaria, afirmou Caballero. Insistiu no "orgullo" que lle produce un programa que permite que Vigo envíe a estudar fora a máis alumnos que as comunidades de Madrid e Cataluña xuntas.

A Xunta de Goberno Local aprobou o Plan de ocupación, instalación e explotación dos servizos de tempada de praias para 2016. Son 11 e funcionarán entre o 1 e o 30 de setembro nas seguintes praias: 1, na Punta (A Guía); 1, en Santa Baia (Alcabre); 2 en Tombo do Gato; 1 en Argazada; 3 en Samil; 2 en O Vao e 1 na ETEA.