O Museo Quiñones de León exhibirá as obras cedidas en depósito polo Círculo Mercantil
O alcalde de Vigo avanzou hoxe xoves que o Museo Quiñones de León exhibirá as once obras de arte e obxectos históricos cedidos en depósito polo Círculo Mercantil de Vigo. A continuación esas pezas formarán parte da exposición permanente, en bloques de dous.
O Museo Quiñones de León acollerá nunha mostra coas oito pinturas e os tres obxectos históricos que conforman o Depósito que o Círculo Mercantil cedeu temporalmente ao Concello para a súa custodia. Tal e como avanzou Caballero en rolda de prensa, a continuación, estas pezas incorporaranse en bloques de dous á exposición permanente do museo.