O Concello inicia o cambio de uso da parcela que cederá á Xunta para ampliar o colexio de Navia
A Xerencia municipal de Urbanismo deu comezo este venres ao procedemento de modificación do uso do espazo anexo ao Colexio Alfonso Rodríguez Castelao, en Navia, que faga posible a ampliación do citado centro educativo por parte da Xunta de Galicia. O alcalde de Vigo definiu de "imprescindible" esta obra.
O goberno de Vigo deu este venres o primeiro paso para a ampliación do colexio Alfonso Rodríguez Castelao, en Navia, co inicio de procedemento de modificación do uso, que pasará de asistencia público a educativo.
Caballero explicou que, unha vez completado o cambio urbanístico, o Concello cederá o solo á Xunta de Galicia para que acometa esta "imprescindible" ampliación. O alcalde asegurou que, "coa cesión, cumprimos o noso compromiso" cunha obra que "tería que facerse este verán", máis lamentou Caballero que a Xunta de Galicia "se dea dous anos" para facela.