Actividades das escolas municipais de música e artes escénicas
O mércores 24, ás 12,00h, no Auditorio municipal, perto de 200 alumnos/as dos CEIPs Carrasqueira, Ría de Vigo, Párroco Don Camilo, Coutada Beade e Igrexa Candeán asistirán a unha nova sesión dos concertos didácticos que o servizo municipal de Educación pon a disposición dos centros educativos da cidade dentro do Programa "Música coa escola". Concretamente, ao concerto didáctico "Música para a tolerancia", a cargo do profesorado da Escola municipal de música de Vigo (EMMV).
O xoves día 25 de febreiro, ás 20,30h, a Escola municipal de danza (EMD) celebrará no mesmo Auditorio municipal a edición número XVI do seu festival "Na punta do pé", coa participación do alumnado das distintas especialidades que se imparten (danza tradicional, percusión tradicional, canto popular, danza moderna), con entrada libre ata completar o aforo.