Caballero augura que a Vig-Bay deste ano será "unha grande carreira"
O rexedor vigués recibiu este luns á organización do media maratón, que discorre entre Vigo e Baiona, e que celebra a súa décimo sétima edición o próximo 10 de abril. No encontro abordou a colaboración do Concello para que a proba se desenvolva con éxito como en anos anteriores.

Vigo acollerá a saída da XVII media maratón Vig-Bay o próximo domingo 10 de abril coa "expectativa dunha grande carreira". Así o manifestou hoxe luns o alcalde tras a reunión mantida coa organización do evento que o ano pasado congregou na liña de saída a 5.500 corredores e corredoras polo que, segundo Caballero, "había máis de 10.000 persoas".
Nestes momentos, a organización está en proceso de preparación da carreira; unha tarefa na que colabora o goberno municipal coa cesión das estruturas precisas para dar cobertura loxística ás necesidades que se presenten. O alcalde transmitiulles "os mellores desexos para que todo funcione ben e teñamos o 10 de abril unha grande edición".
Descargar todas as imaxes