O goberno de Vigo adica 125.000 euros a dúas iniciativas de fomento de emprego
Abel Caballero informou de dous acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local destinados ao fomento do emprego. O goberno local aprobou o acondicionamento dunha nave como centro de formación e validou a convocatoria de axudas para proxectos de investigación e innovación.
O alcalde deu conta da aprobación do proxecto de obra para acondicionar unha nave-almacén municipal como centro de formación, dependente do Concello, un espazo localizado na rúa Pinal de Adentro que será habilitado para instalar aulas e obradoiros ocupacionais, como carpintería de madeira, alfarería e pintura. A administración viguesa conta ao efecto cun orzamento de case 95.000 euros.
Por outra banda, e tamén relacionado coa creación de postos de traballo, Abel Caballero informou da aprobación das bases reguladoras para o fomento de emprego mediante proxectos relacionados coa investigación, a innovación e o emprego.
Neste aspecto, o goberno de Vigo destina 30.000 euros á concesión de axudas, por concorrencia competitiva, a entidades sen ánimo de lucro e para o desenvolvemento de proxectos de I+D que dean lugar á xeración de emprego. O Concello procura fomentar o emprego estable mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación que teñan relación cos sectores empresariais, como xeradores de emprego.
Concertos de Castrelos
O goberno de Vigo tamén aprobou nunha sesión anterior da Xunta de Goberno Local a contratación dos concertos de Anthrax e Aphonnic (hoxe, 19 de xullo, ás 22:30h), de Antonio Orozco (mércores, 20 de xullo, ás 23h) e de Auryn (sábado, 23 de xullo, ás 23:30h), todos no Auditorio de Castrelos.
Abel Caballero recordou que tamén no parque de Castrelos está programado o espectáculo La Noche Movida, este venres, 22 de xullo, ás 22:30 horas, coa presenza de Jaime Urrutia, Pablo Carbonell, Coti, Javier Gurruchaga, Nacho Campillo, Nacho Vega e Alejo Stivel. No mesmo recinto actuará a Coral Casablanca o sábado, 30 de xullo, ás 23 horas.