Orozco en Castrelos
Antonio Orozco subirase ao escenario do auditorio de Castrelos o mércores día 20 ás 23.00 horas para presentar o seu traballo Da Orixe ao Destino.
Así é como Antonio Orozco entende a viaxe sen retorno que iniciou o día que viu a luz o seu primeiro traballo "Un reloj y una vela". Quince anos e oitos discos despois o final do traxecto non é senón unha metáfora do devir, dese futuro que, como se de un xigantesco imán se tratase, nos arrastra e nos moldea.
Prezos: 8,00 euros en venda anticipada e 10,00 euros o día do concerto
Descargar todas as imaxes
Prezos: 8,00 euros en venda anticipada e 10,00 euros o día do concerto