Concello de Vigo e Aqualia presentan SMART Aqua, a aplicación para todas as xestións relacionadas co Servizo de Augas
O segundo tenente de alcalde e concelleiro de Fomento, David Regades, presentou este luns a aplicación "intuitiva, segura e gratuita" que amplía o proxecto "Smart City" do goberno de Vigo. SMART Aqua permite comunicar directamente as incidencias ou avarías ao incluír un sistema de xeolocalización.
O Concello de Vigo e a concesionaria do servizo municipal de augas impulsan SMART Aqua, a aplicación para dispositivos móbiles que permite realizar todas as xestións relacionadas co contrato de auga e convértese nunha canle de comunicación máis ao servizo dos cidadáns.
Este luns, durante a presentación no Concello, David Regades salientou que o goberno de Vigo, na súa "aposta pola cidade intelixente", lanza con Aqualia esta nova aplicación "intuitiva, segura e gratuita" que permite axilizar as xestións municipais dos cidadáns cos servizos municipais.
Smart Aqua permite realizar todas as xestións relacionadas co Servizo de Augas, no momento que o cidadán desexe, da forma máis sinxela e cómoda, ao alcance da súa man. Unha aplicación que simboliza un paso máis nunha comunicación aberta, transparente e próxima cos cidadáns a través do seu "Smartphone" e "Tablet".
A nova aplicación é un servizo máis aos cidadáns que ven complementar aos demais. A compañía ofrece un servizo integral multicanal que da resposta a todas as necesidades dos cidadáns. As canles presenciais, telefónico e internet permiten aos cidadáns elixir o método que prefiren para comunicarse e dar solución ás súas necesidades. Os cidadáns poderán acceder a toda a información e servizos da aplicación, través da web http://www.smart-aqua.com/index2.php ou da etiqueta en twitter #Smartaqua.
A aplicación máis completa, ao servizo de Vigo
Smart Aqua é a aplicación máis completa do mercado. Non só permite realizar xestións que ata agora podían realizarse na oficina, por teléfono ou a través da web, que é o habitual noutras aplicacións. Coa aplicación de Aqualia ábrese unha nova vía de comunicación directa cos cidadáns.
Esta APP permite de forma cómoda e sinxela realizar todos os trámites e xestións relacionadas co contrato da auga: modificación de datos, consulta de consumos, envío de autolecturas con fotografía, pago de facturas, consultas e solicitudes. De forma totalmente segura, en calquera momento.
Ademais, e a diferenza doutras aplicacións, SMART Aqua permite comunicar directamente as incidencias ou avarías ao incluír un sistema de xeolocalización do usuario e envío de ata 2 fotografías. No caso de Vigo, que conta con máis de 1.000 km de rede xeral de abastecemento, este sistema achega moito valor, para poder actuar con maior rapidez na resolución de calquera incidencia.
SMART Aqua vai aínda máis aló no seu servizo. Aspira a consolidarse como unha canle de comunicación e información para o cidadán. Información sobre novas campañas, noticias, enquisas (a través das cales se interactuará e pulsará a opinión dos cidadáns), notificacións, entre outras. Tamén ofrecerá información concreta en relación con Vigo: información sobre a orixe da auga, pegada hídrica, tarifas, modos de pago, e noticias do municipio. Estas funcionalidades converten a SMART Aqua na aplicación máis completa.
Descargar todas as imaxes