Escoitar

A Corporación municipal garda un minuto de silencio en repulsa polo atentado de Niza

Os tres grupos da Corporación amosaron esta mañá o seu rexeitamento ao atentado de Niza gardando un minuto de silencio na Praza do Rei. Este acto amosa o total rexeitamento da cidade a este acto terrorista.

venres, 15 xul 2016
1468584639silencio.JPG
O Concello de Vigo sumouse ao minuto de silencio decretado pola FEMP en repulsa polo "horrible" atentando de Niza. Esta convocatoria, dixo o rexedor, recolle a sensación de dor de todos os grupos municipais e amosa no total rexeitamento da cidade ao terrorismo. A Corporación, dixo Caballero, envía ás familias dos falecidos o seu apoio e desexa unha pronta recuperación aos feridos. Como representante de todos os municipios de España, o alcalde envioulle unha carta de solidariedade ao goberno francés.
Descargar todas as imaxes