Escoitar

O Consello Municipal das Mulleres do Concello de Vigo denuncia o horario insuficiente e o peche en agosto do punto de encontro de Vigo, dependente da Xunta

O Consello Municipal das Mulleres do Concello de Vigo, en convocatoria ordinaria do luns 4 xullo de 2016, acordou informar á cidadanía da situación horaria no punto de encontro, dependente da Xunta de Galicia.

venres, 15 xul 2016
Dito punto de encontro pecha os luns e martes todo o día e os mércores pola mañá, pechando tamén do 16 ó 30 de agosto como ven facendo en anos anteriores, en contra da necesidade dos familiares con crianzas e contra as demandas das organizacións de mulleres. Non se pode prescindir deste servizo fundamentalmente nos casos de violencia de xénero no que o punto de encontro é indispensable para que as mulleres poidan facer o intercambio con certa seguridade.

Debido a esta situación, o Consello Municipal das Mulleres decidiu facer pública esta situación para que se tomen as medidas necesarias para que este servizo non peche en ningún período durante o ano e se amplíen os horarios pola semana.