luns, 11 xul 2016
O alcalde retierou esta mañá o apoio do goberno local ao Clúster da Automoción, un sector que xera máis de 40.000 postos de traballo indirectos dos que 90% son na Área Metropolitana. Así o dixo logo de manter un encontro cos responsables da entidade empresarial.
luns, 11 xul 2016
O alcalde reclamou hoxe luns do Ministerio e da Xunta que faga unha nova entrada e saída á autotopista que conecte o centro da cidade e a rúa Buenos Aires, en Teis. Caballero explicou que ambas administracións farán o mesmo Santiago, adicando 4,2 millóns para construir un novo enlace da AP-9 coa Cidade da Cultura.
luns, 11 xul 2016
O alcalde vigués informou este luns da aprobación de dous novos proxectos de humanización: a primeira fase da rúa Llorente e o treito de Rosalía de Castro que une Canceleiro con Serafín Avendaño. O goberno local orzamenta ambas reformas en 1,1 millóns.
luns, 11 xul 2016
O goberno de Vigo aprobou o convenio con Aqualia polo que se adican 30.000 euros para asegurar o subministro de auga a persoas en risco de exclusión social. Así o anunciou este luns Abel Caballero, quen detallou que a axuda económica ascenderá a un máximo de 100 euros durante seis meses.
luns, 11 xul 2016
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo na mañá deste luns unha reunión cos responsables da compañía galega e, en declaracións posteriores aos medios, avanzou unha "cooperación moi activa" de Hijos de Rivera no programa de festas elaborado polo Concello para este verán.
luns, 11 xul 2016
A décima edición de Xirakarting, o circuíto de karts itinerante que percorre Galicia para promocionar a iniciación ao mundo do automobilismo, chega a Vigo este xoves 14 e instalarase na Praza do Rei ata o domingo.