Escoitar

O alcalde destaca que o 90% do emprego que xera o Clúster da Automoción está na Área Metropolitana

O alcalde retierou esta mañá o apoio do goberno local ao Clúster da Automoción, un sector que xera máis de 40.000 postos de traballo indirectos dos que 90% son na Área Metropolitana. Así o dixo logo de manter un encontro cos responsables da entidade empresarial.

luns, 11 xul 2016
1468250896ceaga.JPG
O alcalde coñeceu esta mañá o terceiro Plan Estratéxico 2016-2020 do Clúster da Automoción durante un encontro que mantivo cos responsables dunha "entidade da maior importancia en Vigo". En rolda de prensa, lembrou que este sector xera 19.000 empregos directos, cifra que supera os 40.000 sumando os inducidos e destacou que o 90% destes postos de traballo xenéranse na Área Metropolitana de Vigo, "unha gran área de desenvolvemento da automoción". Durante o encontro, que serviu para poñer puntos en común, o rexedor reiterou o seu compromiso no apoio a este sector industrial e económico fundamental para a cidade.
Descargar todas as imaxes