O Concello pon a disposición da Xunta os terreos para ampliar o colexio Rodríguez Castelao
A Xunta de Goberno deu luz verde ao convenio de colaboración coa Xunta para a posta a disposición dos terreos que permitan ampliar o Ceip Rodríguez Castelao, en Navia. O goberno local tamén aprobou a contratación de catro proxectos de humanización por valor de 1,6 millóns de euros.
O goberno local autoriza á Consellería de Educación a ocupación dunha parcela de 8.000 m2 para ampliar o Centro de Educación Infantil e Primaria Alfonso Rodríguez Castelao. A tal efecto, a Xunta de Goberno deu luz verde a un convenio que atribúe ao Concello a responsabilidade de garantir que a parcela dispoña de servizos de abastecemento de auga, subministro eléctrico, saneameneto e abastecemento, ademais de facilitar exencións nas taxas de construción.
O alcalde lembrou que foi a administración local a que tivo que ofrecer unha finca, creala -porque xurídicamente non existía- e cambiar o uso de dotacional-asistencial a dotacional educativo, o que implicou un cambio no PXOM. O rexedor explicou que esta ampliación podería estar realizada en tres meses e medio, criticando que a Xunta vai prolongar estas obras durante tres anos.
O rexedor tamén deu conta esta mañá da aprobación dos expedientes de contratación das obras dos proxectos de humanización da fase I de Doutor Corbal (467.967,90 euros); da fase I de Ferreiros (145.714,29 euros); da fase IV de Aragón (491.348,50 euros) así como da fase II de Gregorio Espino (488.025,21 euros). Trátase, dixo o rexedor, dun investimento de más de 1,6 millóns de euros, o que supón máis humanizacións "das que fixeron gobernos anteriores en catro anos".
O goberno local tamén validou a resolución da relación definitiva de admitidos/as e listas de agarda nas oito escolas infantís que o Concello xestiona: Santa Marta, Santa Cristina, Atalaia, Costeira-Saiáns, Tomás Alonso, Bouzas e Mestres Goldar e Navia.