venres, 8 xul 2016
                    A Xunta de Goberno deu luz verde ao convenio de colaboración coa Xunta para a posta a disposición dos terreos que permitan ampliar o Ceip Rodríguez Castelao, en Navia. O goberno local tamén aprobou a contratación de catro proxectos de humanización por valor de 1,6 millóns de euros. 
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    venres, 8 xul 2016
                    A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 17 de xuño de 2016, adoptou o seguinte acordo:  Aprobar a Convocatoria específica para o desenvolvemento do proxecto de subvencións orientadas a potenciar programas de participación de deportistas da cidade de Vigo en competicións oficiais de alto nivel de carácter internacional na tempada deportiva 2015/2016. (BOP 06 de xullo de 2016), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2016 con cargo á partida orzamentaria 3410.480.00.00, un importe total de 50.000,00 euros (Cincuenta mil euros). 
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    venres, 8 xul 2016
                    O Servizo de Desenvolvemento Local e Emprego organiza o obradoiro "Cre en ti e Crea o teu futuro" co fin de dar a coñecer as ferramentas necesarias para poder afrontar os cambios e desafíos persoais e profesionais aos que se enfrontan as persoas que, ou ben están na procura activa de traballo ou están a pensar en emprender unha actividade empresarial pola súa conta.