Convocatoria de subvencións programas de participación de deportistas e Vigo en competicións oficiais de alto nivel de carácter internacional na tempada deportiva 2015/2016
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 17 de xuño de 2016, adoptou o seguinte acordo: Aprobar a Convocatoria específica para o desenvolvemento do proxecto de subvencións orientadas a potenciar programas de participación de deportistas da cidade de Vigo en competicións oficiais de alto nivel de carácter internacional na tempada deportiva 2015/2016. (BOP 06 de xullo de 2016), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2016 con cargo á partida orzamentaria 3410.480.00.00, un importe total de 50.000,00 euros (Cincuenta mil euros).
Esta convovatoria, cuxo obxecto é potenciar a participación de deportistas da cidade de Vigo en competicións oficiais de carácter internacional de alto nivel, está destinada a deportistas de forma individual que cumpran os requisitos específicos establecidos nas bases da convocatoria, e a entidades deportivas en representación dos/das deportistas individuais vinculados/as con elas incluídos nos seus programas de participación en competicións de ámbito internacional, e que cumpran cos requisitos específicos establecidos nas bases da convocatoria.
Tal como estabrece a clausula 5ª das bases, o prazo para presentar as solicitudes, será de 20 días naturais contados dende o día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Província (BOP 06/07/2016).
As bases e os anexos desta convocatoria atópanse dispoñibles ao público na páxina Web do Concello, www.vigo.org e na Concellería de Deportes (Pta. 10ª do Concello de Vigo).