Escoitar

Caballero estima en cinco meses a segunda fase da humanización de García Barbón

O alcalde visitou este xoves o inicio das obras na marxe impar da Avenida, no treito entre a rúa Oporto e Serafín Avendaño. O orzamento ronda o millón de euros e as obras durarán sobre cinco meses, segundo apuntou. Abel Caballero explicou ademais que en setembro arrancarán outras catro remodelacións de rúas.

xoves, 7 xul 2016
1467896824garciabarbon.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este xoves o inicio da segunda fase dos traballos de humanización da Avenida García Barbón, a marxe impar da vía no treito entre a rúa Oporto e Serafín Avendaño, cun orzamento próximo ao millón de euros.

Nunha primeira fase, recordou o rexedor, xa se humanizara a marxe par, entre Serafín Avendaño e a unión coa rúa Alfonso XIII, e na impar, entre Oporto e Roupeiro. Agora inícianse os traballos da segunda, que se alongarán durante cinco meses, segundo as estimacións municipais.

Caballero indicou que as actuacións inclúen a renovación das canalizacións de saneamento, abastecemento e pluviais, novo alumeado led, rego, se suma arborado ao existente e novas xardineiras, ademais de substituír as pavimentacións, semáforos e a parte eléctrica.

Seguindo coas humanizacións, o alcalde de Vigo anunciou que o goberno que preside prevé licitar este mes as humanizacións da segunda fase da rúa Ferreiros, a cuarta fase da rúa Aragón, Doutor Corbal e a fase dous de Gregorio Espino. Caballero estimou para setembro o comezo das obras. Ademais, co superávit do pasado ano, o Concello remodelará tramos da Avenida Castelao, Estorniño, a Avenida das Camelias, Álvaro Cunqueiro e Vía Norte.

"Imos facer un asfaltado moi masivo no rural", engadiu Caballero aos traballos de humanización anunciados, o que creación de postos de traballo na realización da obra pública municipal.
Descargar todas as imaxes