O alcalde di que na apertura dos mercadiños de Bouzas e Coia aplícase a legalidade e a normativa en vigor
A apertura dos mercadiños de Bouzas e Coia estase a organizar baixo unha ordenanza reguladora das taxas de instalación de postos de venda aprobaba en 1999. A normativa vixente, dixo Caballero, establece os requisitos que deben cumprir os 450 vendedores que solicitaron un posto nestes dous espazos que se prevé estean funcionando no próximo mes de agosto.
Abel Caballero avanzou esta mañá que o venres publicarase na páxina web do Concello o listado provisional dos vendedores admitidos para instalarse en Bouzas e Coia. O listado definitivo será público o 28 de xullo e, mentres tanto, aqueles que o precisen poderán achegar a documentación que lles quedou pendente.
Tal e como determina a normativa vixente, os 450 solicitantes teñen que estar dados de alta na Seguridade Social, estar ao día no Imposto de Actividades Económicas, dispoñer de seguro de responsabilidade civil e cumprir os requisitos para vender cada tipo de produto, como alimentos. Caballero explicou que a normativa aplicada aprobouse en 1999 e reiterou que o proceso vaise seguir con transparencia e legalidade, como corresponde.
En rolda de prensa, o rexedor avanzou que existen 450 solicitudes, en tanto que en Bouzas habería espazo para 200 ou 250 postos, mentres que en Coia -máis pequeno- poderán instalarse 110 ou 120 vendedores. Está previsto que a principios de agosto arranque a actividade en Coia e a continuación, o fará en Bouzas.