xoves, 7 xullo 2016

O aeroporto de Vigo superará este ano en conexións e voos a cifra histórica de 2007

A terminal viguesa alcanzará o millón de pasaxeiros e xa supera en número de voos e destinos a 2007, considerado o ano que mellores rexistros obtivo Peinador. En declaracións aos medios, Caballero avanzou que o Concello está a traballar na licitación das conexións que está a operar Volotea, que sairán a concurso público e xa deixou claro que se van a manter todos os destinos, sen descartar novas incorporacións.

Vigo e Alacante establecen un acordo de promoción turística das dúas cidades

xoves, 7 xul 2016

O alcalde asinou este xoves co seu homólogo alacantino, Gabriel Echávarri, un acordo de colaboración para ampliar a relación entre as dúas cidades que, dende hoxe, están conectadas cun voo directo. A colaboración materialízase especialmente no ámbito turístico, de maneira que os empresarios alacantinos presentarán as súas propostas en Vigo e o sector turístico vigués farao en Alacante co apoio municipal. <br />

Representación de "Os Biofilms Bacterianos"

xoves, 7 xul 2016

Como clausura do obradoiro da verán de Teatro Científico impartido pola Escola Municipal de Teatro de Vigo en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), os alumnos e alumnas representarán o venres 8 de xullo ás 20:00 unha obra de temática científica titulada "Os Biofilms Bacterianos", nas instalacións da Escola Municipal de Teatro na Avenida de Castelao, 87 (interior)