Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 7 xul 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 8 DE XULLO DE 2016.

BENESTAR SOCIAL
1.- Proxecto de convenio de colaboración coa "Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA), 2016. Expte. 120080/301.

2.- Proxecto de convenio de colaboración coa "Fundación MENELA", programa de respiro familiar 2016. Expte. 119607/301.

3.- Proxecto de convenio de colaboración coa "Asociación de porsoas sordas de Vigo", para a prestación do servizo de intérprete de língua de signos, ano 2016. Expte. 119351/301.

CONTRATACIÓN
4.- Proposta de clasificación de ofertas expediente de subministración de material, aluguer maquinaria e xestión de residuos para obras nos colexios, Programa "Vigo Emprega"-Expte. 14569/333. Expte. 17478/332.

5.- Proposta de clasificación de ofertas expediente de servizo xestión parcial, docencia e desenvolvemento Escola Municipal de Danza. Expte. 17499/332
.
6.- Proposta de clasificación de ofertas expediente de servizo xestión parcial, docencia e desenvolvemento Escola Municipal de Música. Expte. 17497/332.

7.- Proposta de declaración deserto o procedemento aberto para prestación servizos hostalería no Verbum-Casa das Palabras. Expte. 2403/340.

8.- Proposta de clasificación de ofertas do expediente de contratación dos servizos de colaboración integral na recadación. Expte. 16026/541.

DEPORTES
9.- Expediente de contratación da subministración de medallas e trofeos para a promoción da práctica deportiva no ámbito do programa municipal "Calendario de eventos deportivos". Expte. 14972/333.

10.- Proposta de adxudicación de subvención a favor da "Agrupación Deportiva Vigo" para a dinamización do programa deportivo "Vigo en Xogo" 2015-2016. Expte. 15178/333.

11.- Solicitude de RGM EVENTOS para a organización da "Xira Karting 2016". Expte. 15142/333.

EDUCACIÓN
12.- Dar conta da Resolución do 23/06/16, da concelleira-delegada de Educación pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as e as listas de agarda nas Escolas Infantís Municipais. Expte. 18122/332.

13.- Proposta de aprobación do proxecto de obra "Acondicionamento de nave-almacén municipal para centro de formación". Expte. 12815/77.

EMPREGO
14.- Proposta de concesión de incentivos correspondente á convocatoria do programa de "Axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa 2016". Expte. 12763/77.

FESTAS
15.- Proxecto de convenio de colaboración coa Confraría do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas para a organización do acto de apertura do Festival poético-piromusical de Bouzas 2016. Expte. 6474/335.

FOMENTO
16.- Expediente de contratación das obras do proxecto "Humanización da rúa Doutor Corbal. Fase I". Expte. 3892/440.

17.- Expediente de contratación das obras do proxecto "Humanización da rúa Ferreiros. Fase I". Expte. 3893/440.

18.- Expediente de contratación das obras do proxecto "Humanización da rúa Aragón. Fase IV". Expte. 3918/440.

19.- Expediente de contratación das obras do proxecto "Humanización da rúa Gregorio Espino. Fase II". Expte. 3924/440.

IGUALDADE
20.- Relación de expedientes de contratación tramitados polo réxime de gasto menor. Xuño 2016. Expte. 7234/224

PATRIMONIO
21.- Segregación e posterior cesión de finca a favor da Tesourería Xeral da Seguridade Social para centro de saúde en Sárdoma. Expte. 2199/244.

RECURSOS HUMANOS
22.- Reclamacións axudas estudos 2015-2016 (FAS). Expte. 28301/220.

23.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 8 de xullo de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da ; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 06 de xullo de 2016.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.