Vigo e Alacante establecen un acordo de promoción turística das dúas cidades
O alcalde asinou este xoves co seu homólogo alacantino, Gabriel Echávarri, un acordo de colaboración para ampliar a relación entre as dúas cidades que, dende hoxe, están conectadas cun voo directo. A colaboración materialízase especialmente no ámbito turístico, de maneira que os empresarios alacantinos presentarán as súas propostas en Vigo e o sector turístico vigués farao en Alacante co apoio municipal. <br />
Abel Caballero recibiu este xoves a Gabriel Echávarri, alcalde de Alacante, con quen asinou un acordo de colaboración de "estreitamento das relacións" entre ámbalas cidades, que se irá "concretando" con outros acordos específicos, segundo explicou o rexedor vigués.
A visita da delegación levantina prodúcese cando comeza a operar a conexión directa entre Vigo e Alacante que "debe ter unha dimensión de promoción turística da cidade, algo que vai implícito no voo e que levaremos á relación coas cidades" e, precisamente, neste ámbito concreto se sitúa o acordo.
Así, segundo sinalou Caballero, o Concello organizou un encontro entre os empresarios alacantinos e representantes de empresas do turismo e da hostalería viguesas e, máis adiante, os empresarios vigueses farán o mesmo viaxando a Alacante coa cooperación municipal para poñer en valor as posibilidades de Vigo.
Descargar todas as imaxes