Escoitar

Caballero urxe a declaración de impacto ambiental para avanzar no AVE a Madrid por Cerdedo<br />

O alcalde reiterou unha vez máis a necesidade de acelerar a tramitación de impacto ambiental á que está sometido o proxecto de AVE por Cerdedo desde hai dous anos. Na súa opinión, logo de catro anos de atrasos, o Goberno Central non pode responder a estas alturas que "seguen a traballar na busca de información para poder emitir esta declaración", imprescindible para avanzar na construción do tren de alta velocidade.

mércores, 6 xul 2016
O alcalde reiterou esta mañá a necesidade de que o Goberno Central acelere a declaración de impacto ambiental, un trámite preciso para poder avanzar na construción do tren de alta velocidade Vigo-Madrid por Cerdedo. Tal e como explicou en rolda de prensa, o secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, Julio Gómez-Pomar, limítase a explicar nunha carta que "están a traballar para completar a información precisa" que permita emitir o devandito expediente. En opinión do rexedor, esta resposta non é aceptable logo de catro anos de atrasos "xustificados", dixo, nunha pequena modificación técnica de apenas tres quilómetros de trazado que obrigou ao proxecto a someterse de novo á tramitación da declaración de impacto ambiental.

Caballero insistiu en que este trámite leva polo menos dous anos de atraso e advertiu de que o AVE non chegará a Galicia ata que non os vigueses non poidan chegar a Madrid en tren en dúas horas e media.