Caballero reclama a Fomento un novo acceso á autopista que conecte Teis co centro
O alcalde reclamou hoxe luns do Ministerio e da Xunta que faga unha nova entrada e saída á autotopista que conecte o centro da cidade e a rúa Buenos Aires, en Teis. Caballero explicou que ambas administracións farán o mesmo Santiago, adicando 4,2 millóns para construir un novo enlace da AP-9 coa Cidade da Cultura.
Segundo explicou este luns o alcalde vigués, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o xoves un convenio para a construción dun novo enlace da autopista coa Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, vial que executará o Ministerio de Fomento cun investimento de 4,2 millóns de euros.
Abel Caballero anunciou o envío dunha carta á ministra de Fomento en funcións e á Xunta de Galicia para que fagan "exactamente o mesmo en Vigo": unha nova entrada e saída que conecte Buenos Aires, en Teis, co centro da cidade.