Escoitar

96 fotografías de cidadáns sorrindo lucirán na rúa Príncipe ata o 30 de setembro

A segunda edición do Vigo sonríe encherá a rúa Príncipe con 96 fotografías de rostros amables de cidadáns de Vigo. Esta mostra, enmarcada no programa municipal de adecementamento e embelecemento de medianeiras, permanecerá ata finais de setembro.

luns, 11 xul 2016
1468250956vigosonrie.JPG
O alcalde visitou esta mañá a montaxe da segunda edición do Vigo sonríe, a iniciativa que encherá de rostros sorríntes a rúa Príncipe, con 96 imaxes doutros tantos cidadáns anónimos. A montaxe, coordinada polo fotógrafo Javier Teniente, traza unha cidade "moderna e distinta" e estará operativa ata o 30 de setembro.

Esta iniciativa, abondou o rexedor, forma parte do programa de medianeiras, dotado de 224.000 euros. Os artistas, seleccionados pola comisión técnica, decorarán catorce espazos da cidade, en Hispanidade, II República, Avda Atlántida, Torrecedeira, San Gregorio, Eduardo Cabello, Fragoso, Florida, o parque de Navia, López Mora, Praza de España, escaleiras entre Torrecedeira e Marqués del Valterra e a nave da Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de San Miguel de Bouzas.
Descargar todas as imaxes