O goberno de Vigo aproba novas humanizacións en Rosalía de Castro e a rúa Llorente
O alcalde vigués informou este luns da aprobación de dous novos proxectos de humanización: a primeira fase da rúa Llorente e o treito de Rosalía de Castro que une Canceleiro con Serafín Avendaño. O goberno local orzamenta ambas reformas en 1,1 millóns.
Abel Caballero informou este luns de dous novos proxectos de humanización que acaban de ser aprobados polo goberno de Vigo. Trátase da primeira fase da reforma da rúa Llorente, que abarca desde Torreceira ata Pi y Margall, e dunha nova fase da humanización de Rosalía de Castro, desta volta desde a intersección coa rúa Canceleiro ata o cruce con Serafín Avendaño.
Tal e como apuntou o alcalde de Vigo, a humanización da rúa Llorente presenta un orzamento de licitación próximo aos 220.000 euros, cun prazo estimado de tres meses de obras. A mellora contempla a renovación das redes de servicios, da iluminación e do pavimento, incluindo a ampliación das beirarrúas. Tamén se instalarán bancos, xardinerias e arbolado, cun novo sistema de rego.
En segundo lugar, o Concello deu luz verde ao proxecto para humanización Rosalía de Castro, desde Canceleiro ata Serafín Avendaño. O orzamento de licitación ascende a case 880.000 euros para un prazo estimado de catro meses de traballos. A remodelación, como explicou Caballero, continuará os estándares das fases anteriores no mesmo vial, con novo pavimento, novas redes de servizo e alumeado LED, ademais de bancos, xardineiras e máis de 230 metros cadrados de superficie verde.
Abel Caballero avanzou que esta nova fase da humanización de Rosalía de Castro conlevará unha nova glorieta no cruce da nomeada rúa con Serafín Avendaño, onde agora opera unha provisional.