Escoitar

O concelleiro de Deportes anuncia que a Praza do Rei converterase de xoves a domingo nun gran circuíto de karts

A décima edición de Xirakarting, o circuíto de karts itinerante que percorre Galicia para promocionar a iniciación ao mundo do automobilismo, chega a Vigo este xoves 14 e instalarase na Praza do Rei ata o domingo.

luns, 11 xul 2016
1468252518xirakarting.JPG
Manel Fernández, concelleiro de Deportes, presentou a actividade, que conta co patrocinio municipal e ademais terá como colofón un campionato para nenos e nenas de 4 a 7 anos o domingo, na que será terceira proba da Rookies Cup da Federación Galega de Automobilismo. "Traballamos para que sexa un gran éxito, para que a xente poida gozar e participar nesta novedosa actividade", explicou o edil.

En representación de Gadis, patrocinador privado destes vinte días do circuíto de karts por Galicia, iniciados en maio en Lugo e que, tras percorrer outras cidades, rematarán en Vigo, Pablo Louro asegurou que esta iniciativa "ten bastante éxito alí onde vai" e a cadea de supermercados a fomentará con invitacións por mercas superiores a 50 euros nos seus establecementos ou con vales desconto en cada ticket.

A organización, RGM Eventos, recoñeceu estar "ufana" pola ubicación do circuíto este ano, explicou Raquel González, e lembrou a súa sensibilidade coas persoas con calquera discapacidade, para quen conta con dous karts adaptados. Ademais, hai karts infantís e de competición. "Queremos que todo o mundo goce da pilotaxe".

O Concello pon a disposición do programa municipal de escolas deportivas ata 500 invitacións.
Descargar todas as imaxes