mércores, 20 xul 2016
Os cidadáns que esta tarde paseen por Samil atoparánse cun grupo de actores repartindo folletos que invitan á Festa romana de Toralla, organizada todos os xoves na Villa Romana de Toralla. As representacións, que son gratuítas, escenifican a celebración dunha voda na antiga Roma, co banquete, venda de escravos e loita de gladiadores.
mércores, 20 xul 2016
A praia de O Vao será o próximo 30 de xullo o punto de saída da XXXVIII edición da Travesía a Nado de El Corte Inglés. Durante a presentación, o rexedor animou a todo Vigo a participar nunha proba que xa é un referente no calendario deportivo vigués.
mércores, 20 xul 2016
Este xoves, 21 de xullo ás 21.30 hora, chega a Vigo a primeira xira de Cadena Dial, a cadea de música en español que o ano pasado cumpría o seu 25 cabodano. A xira co nome de "DÉJATE LLEVAR" será na rúa Areal e forma parte da programación da festas de verán.