Escoitar

O alcalde traslada á nova dirección de Albo que a súa prioridade é manter ou aumentar o emprego

Abel Caballero recibiu este mércores á nova propiedade da conserveira e transmitiulles que a prioridade do Concello é que se manteñan ou se aumenten os postos de traballo na cidade. "Ese é o noso desexo", explicou o primeiro edil, quen avanzou que esta é tamén a intención da compañía.

mércores, 20 xul 2016
1469016441Albo.jpg
Ao remate dunha visita "máis de cortesía que de contido", o alcalde explicou que transmitiu á multinacional chinesa que agarda que Albo manteñe ou aumente o seu proxecto, mais singularmente que manteña ou aumente o emprego na cidade.

Abel Caballero recordou que os novos propietarios visitaron a cidade hai uns meses e xa entón indicaran a súa intención de consolidar o proxecto de Albo en Vigo, mantendo a actividade e o emprego en Galicia e en Vigo, e "hoxe o volveron facer". O rexedor lles comunicara daquela que Albo é unha marca "moi consolidada" e que consideraba o emprego como un "factor central".

Desde a relación "protocolaria pero tamén de cordialidade" coa nova propiedade, o alcalde ofreceulles cooperación e apoio "como a calquera outra empresa da cidade".
Descargar todas as imaxes